Boas! Hai pouco comecei este modelo en alta calidade da Praza de Abastos de Lugo. O detalle é excesivo para Google Earth, pero bo para renders. Teño intención de disminuir detalles e habilitalo, así como darlle textura. Non fixen o interior pola dificultade que entrañaba, e sería moi dificultoso.
Está feito sobre o terreo de GE, adaptado para acomodarse aos sotos e rampas. Supoño que en GE terán que modificalo se o subo.
Déixovoso unhas imaxes:
30 de julio de 2012
27 de julio de 2012
Voltando un pouco...
Hai xa uns sete meses que non pasaba polo blog, pois o curso mantívome ocupado. Agora, entre unhas cousas e outras non tiven tampouco moitas ganas de modelar. Pero hoxe levanteime cunha nova que me inspirou moitas gañas de voltar por aquí: a actualización da imaxe aérea de Lugo.
A imaxe que había ata entón era do 2006, en moi mala calidade e indistinguible. Pero a nova ten unha resolución mais que aceptábel e é de finais do 2011, polo que non teño queixa respecto á data. Invítovos a vela por vos mesmos e comparala coa anterior, aínda que déixovos unha comparación de diferentes lugares onde pode notarse unha gran diferencia:

Unión da Avenida de Madrid coa N-VI
Nova Depuradora
O MIHL
O antigo polvorín, reconvertido en parque industrial
Outro centro comercial onde había un matadoiro
Nova pasarela peatonal sobre o Miño
O Hospital Lucus Augusti e accesos
Unha nova área de torres de vivendas na Milagrosa
A Ponte Branca
San Fiz, ao sur da cidade
18 de enero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)